INTRODUCIÓN
As Pedras Falarán é unha mini serie documental cun formato de 6 episodios de 30′, no que se aborda o Camiño de Santiago, cos seus roteiros, as súas orixes, o seu esquecemento, o seu posterior rexurdimento na década dos 80, ata como foi conformándose dende o Ano Santo Xacobeo de 1993 ata a actualidade, converteuse nun eixe cultural, social e económico a nivel mundial.
O Camiño segue a medrar, sen dúbida, polos millóns de peregrinos achegados dende todo o mundo para percorrer os seus diferentes roteiros, que dende hai séculos une a persoas de diferentes culturas, idades e crenzas.
Cada un dos episodios explora unha faceta do Camiño expoñendo os cambios sociais, económicos e culturais que se produciron en Galicia, España e Europa a conta da súa existencia, dende as súas orixes, a como cambiou nos derradeiros 30 anos.
OBXECTIVO
Mostrar como influíu o Xacobeo na cultura e sociedade galega dende 1993 ata a actualidade, facendo unha reflexión do seu legado, e o que significou nos distintos eidos nos que foi influindo, en especial o do Camiño de Santiago e todo o que o rodea.
EPISODIOS
A PRODUTORA
Ensenada de Ézaro Films S.A. é unha produtora de cine e televisión que conta con profesionais altamente cualificados e especializados, tanto na produción, como na postprodución de contidos audiovisuais. Xornalistas, operadores de imaxe, técnicos de audio e vídeo, guionistas, produtores, realizadores e editores, creativos, deseñadores e programadores son os perfís cos que contamos no equipo.
No eido cinematográfico, Ézaro Films foi coprodutora de dúas longametraxes hispano-dominicanas Mañana no te Olvides e Sol y Luna (José E. Pintor “Pinky”), da longametraxe española de animación Memorias de un Hombre en Pijama (Carlos Fernández de Vigo), así como dos documentais Galegos no Vaticano e ¿Colón Gallego? ou da nosa última longametraxe O Home e o Can (Ángel de la Cruz). Todas estas obras foron acadando críticas moi favorables e mencións, grazas o valor estético, técnico e histórico acadado.
No eido da televisión, Ézaro Films tamén ten unha importante traxectoria, e no seu haber conta coa produción de diversos programas para Televisión de Galicia: Un País de Lerias, Onde vai a Xente (5 tempadas), Como Galegos! (5 tempadas), O Gato con Botas (5 tempadas), Vou que teño que ir (2 tempadas) ou Sen Código Postal (en emisión), Non lle chames amor, Amor a un Clic ou Facendo as Américas entre outras producións.
CONTACTO
Non dubides en facernos chegar preguntas, suxestións para novos episodios ou a túa opinión a:
981 555 291 – 645 795 251